top of page

PROTOCOLO COVID

NORMA 1
NORMA 2
NORMAS XERAIS​
 

Ó longo do día non se compartirán bebidas, evitaranse as aglomeracións e o contacto físico; usarase a máscara sempre que o indiquen as autoridades competentes, manterase unha boa hixiene respiratoria e unha boa hixiene e desinfección das mans.

Arnela.png
NA CASA​ E DE CAMIÑO Ó ADESTRAMENTO
 
  • Na casa tomaráselles a temperatura dúas veces ó día: mañá e noite.

 

  • Realizaráselles un test antes de ir cara a actividade deportiva: ten febre, tose ou falta de alento? Sinte cansanzo?

 

  • Se se detecta algún síntoma de contaxio avisarase ás autoridades sanitarias e ás adestradoras e non se enviará á ximnasta ó adestramento.

 

  • Se se estivo en contacto cun infectado por COVID-19 avisarase inmediatamente ás autoridades sanitarias, ás adestradoras, cumpriranse os prazos de corentena e non se enviará á ximnasta ó adestramento. Farase un control do grupo no caso de que asistise a algún adestramento tras estar en contacto co infectado.

 

  • Evitarase compartir vehículo con persoas coas que non se comparta domicilio. No caso de ser inevitable empregaranse máscaras homologadas e tratarase de manter o máximo a distancia e de evitar o contacto.

 

  • Para evitar o uso de vestiarios e WC rogamos que vaian ó baño na casa antes de vir ó adestramento. No caso de ser necesario ir durante o adestramento extremaranse as precaucións.

NORMA 3
A CHEGADA Ó ADESTRAMENTO
  • As nais ou pais deixarán ós ximnastas na instalación, e estes agardarán (mantendo as distancias de seguridade) a que a adestradora lles tome a temperatura antes de entrar.

 

  • Moita puntualidade á hora de deixar e recoller ás ximnastas para evitar aglomeracións.

 

  • As ximnastas virán coas menores posiblidades de contaxio: hixiene corporal total, correcto corte de unllas, incidir na hixiene das mans e da roupa que van levar ó adestramento

  • Facebook icono social
  • Instagram
NORMA 5
NO ADESTRAMENTO
  • Ó chegar agardarán a que se lles tome a temperatura.

  • Virán coa roupa do adestramento desde a casa, unha vez a adestradora o indique irán pasando ó interior descalzaranse, meterán o calzado nunha bolsa e porán as chanclas para pasar  ó interior.

  • Alí prepararán o seu material persoal (que non compartirán) e, cando lles indique a adestradora, irán á zona de quecemento que lles corresponde.

NORMA 4
COMO DEBE VIR A XIMNASTA
  • Roupa de adestramento: pantalón curto ou longo elástico, camiseta axustada ou top, camisetas térmicas axustadas para o frío, calcetíns, esterilla, toalla grande e outra pequena para a suor. Deberá ser roupa de uso exclusivo e lavarse a máis de 60º despois de cada uso. Virán con ela posta da casa e sen facer actividades entre a casa e o adestramento. Traerán unha máscara de reposto.

  • O pelo non debe ir á cara para evitar o contacto de ollos, nariz ou boca, así que deberán traer un moño ben suxeito ou dúas trenzas de raíz. O flequillo poden deixalo solto sempre que non toque os ollos e non teñan tendencia a tocalo.

 

  • Todo o material que sexa pra utilizar durante o adestramento debe vir desinfectado da casa e traerán só o imprescindible.

     

  • Deberán traer unha botella de auga de uso persoal, non poderán compartir. Promoverase o uso de botellas reutilizables para menor consumo de plásticos.

bottom of page