Adestra con nós!

QUE FAS PARA PODER ADESTRAR CON NÓS?
Apuntarse é fácil e rápido!
-
Fai click aquí
- Cubre os datos
- Listo!
O noso día de proba e gratuíto e sen compromiso! Anímate!
Cales son os horarios?
Se nunca fixeches ximnasia rítmica comeza nas Escolas Arnela, son super divertidas e vaste preparando para o camiño que elixas facer.
Non dubides en consultar o enlace e elixir segundo as túas preferencias
Se xa tes experiencia en ximnasia rítmica a nivel de competición vén facer as probas de acceso!
Consultas no 649599386
Que é o ArnelaCamp
É un campamento de ximnasia rítmica que se leva a cabo no concello de Vilaboa e no de Moaña no que ademais de facer deporte divertímonos con talleres, xogos, festas temáticas e un montón de sorpresas.
Consúltanos no 649599386 se xa temos datas para o próximo!
Idades: de 3 anos en diante, que non te paralice a idade, nunca é tarde!
Material e indumentaria: roupa cómoda, elástica e axustada, unha toalla, unha botella de auga e o pelo moi ben recollido
É necesaria experiencia previa? como dixemos anteriormente hai grupos para todos os gustos e niveis, vén probar e descubre o que temos preparado para ti!
Non vou querer competir nunca: non ten que ser o obxectivo de todas, o primordial é ter unha vida activa e sá facendo algo que nos guste, a idea sobre a competición pode que cambie... ou non, e en calquera caso estaremos aquí para apoiar a túa decisión!
Quero competir: xeralmente hai dúas opcións para entrar en grupos de competición:
1.- Facer unha proba de acceso na que o corpo técnico tomará a decisión.
2.- O máis habitual é ser seleccionada/o desde a canteira, é dicir, o corpo técnico fai selección de entre os/as ximnastas da nosa Escola Arnela e da Escola Superior Arnela.
A decisión da entrada no grupo de competición será tomada polo corpo técnico, posteriormente comunicarase e chegarase ó acordo con ximnastas e nais/pais/titores/as.