top of page

Fin de tempada espectacular!!!

Espectativas superadas! Sofía proclamouse campiona galega da súa categoría mentres que Elsa acadaba o cuarto posto no mesmo campionato cunhas rivais impresionantes! Un campionato precioso! En conxuntos o prebenxamín tivo o seu peor pase da tempadao día do campionato galego quedando décimas de Galicia, pero tiveron varios podios ó longo do ano que nos deixan moi boas espectativas para a próxima tempada. O infantil rematou a serie de campionatos do ano cun terceiro posto no torneo organizado polo Grand Jeté que nos deixou a todas cun gran sabor de boca e con moitísimas ganas de darlle á próxima tempada!! As nosas nenas de escolas tamén participaron en diversas exhibicións, entre elas a do noso club, das que saíron encantadas e con ganas de máis!! Deixámosvos algunhas fotos por aquí, pero recordade que podedes seguirnos en instagram, somos @clubarnela e esperámosvos a próxima tempada!


69 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page