O campamento de ximnasia rítmica de Vilaboa abre as súas inscricións ás que podedes acceder neste enlace
Será un campamento que terá lugar durante todo o mes de agosto en Vilaboa polas mañás. O club xa solicitou o local da Canteira de Paredes que conta coas instalacións necesarias e un entorno marabilloso, perfecto para os plans que teñen na organización destas xornadas deportivas e de lecer.
Este campamento realizarase do 1 de agosto ó 31 de agosto de luns a venres en horario de 9 a 14h. Ademais conta con servizo de conciliación por un prezo moi económico dende as 8.30 ata as 15.00.
Hai diferentes tarifas que podedes atopar no enlace de inscrición cun desconto a maiores para todos os que foron ximnastas do club durante a tempada 22/23
As actividades están pensadas para nenas e nenos de 5 a 18 anos, non dubides en inscribirte porque, entre outras cousas, haberá adestramento coas ximnastas de competición, festas temáticas, sesións de cine e un montón de talleres sorpresa. Deixámosche o enlace aquí para que non quedes sen a túa praza!!
Comments