Fin da tempada 2020/2021
- Rítmica Arnela
- 16 jul 2021
- 1 Min. de lectura
Rematada esta longa tempada estamos super satisfeitas co traballo tanto do conxunto alevín como da individual promoción.
O alevín, formado por Alba Dopazo, Carla Esperón, Iria Outón, Raquel Combes e Soraya Dantas, logrou acadar a decimoprimeira posición competindo contra outros 20 conxuntos. Quedaron a un posto de clasificarse para o Campionato Galego Escolar.
Sofía López Lóres superou con creces as fases provinciais clasificatorias e entrou no Campionato Galego Promoción proclamándose Subcampiona Galega Individual Promoción na súa primeira competición oficial.

Comments